Na programación dos contidos das sesións de inglés combino unidades de elaboración propia (incluidas dentro do proxecto do CRA: O mundo enteiro) con outras do texto utilizado polos alumn@s de 4 e 5 anos, ampliadas e adaptadas ás nosas necesidades.
Nesta ocasión os amigos de Monkey merendan na escola e ese día toca froita. Deste xeito aprendemos nomes de "fruit in English: pears, plums, oranges, apples, cherries and bananas".
Vemos a historia nas pantallas das aulas, elaboramos as fichas do libro (@s de 3 anos unha adaptada para eles) e xogamos con tarxetas de froitas a un xogo de parellas de atención e memoria.
Por suposto non podía faltar un tempo para un conto (story time) e que mellor elección que The very hungry caterpillar de Eric Carle. Nesta historia unha eiruga sae do seu ovo con fame e roe cada día diferentes pezas de froita. Ademais este conto nos sirve para practicar expresións como: "I´m hungry. I want to eat!" (teño fame, quero comer).
E como nos encantan as cancións e son un recurso fantástico para aprender, eleximos esta do blogue de dreamenglish. A nós gústanos ben, a ver a vós que vos parece.